Pero non o fixen...
Tempo perdido.
De verdade estarei tan vacía por dentro?
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka]// Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]
Hai que recoñecelo: a actividade física, máis alá de certas baixas paixóns que me atraen terrible e irrefreablemente dende hai un tempo, é unha beizón que a natureza nos deixa perto para que accedamos a nós mesmos.
Cantas novas e vellas sensacións recupero agora.
Só me queda afianzar para sempre esta rutina, acomodar de novo o corpo coa mente e viceversa, e seguir adiante.