
Crín que todo florecía.
Pero o frío comeuse as miñas entrañas.
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka]// Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]
A primavera, señoras e señores.
Volvo con novos versos, pero non penso adiantar nada, porque non vaia ser que quede sen algún premio... Ule a corno queimado.
Apertas de pétalas perfumadas.

Salgueiro cego, muller durmida.
Foi como unha man turrando do meu corpo dende o profundo.
Quedei flotando na onda expansiva, sen aire, sen alento.
Mais nada que unha ollada bastou, e desarmeime como unha boneca.
Dende a distancia, a miña voz repetíase nun eco antigo, mantra, responso.
Pero, iso si, ca man estendida, espertando da néboa, apertei a súa.
E o meu poemario, pobre e miserento, viaxará a Xapón entre a súa roupa e a súa auga de colonia na maleta.
Se só escribo de cando en cando é porque ultimamente me dedico máis a VIVIR.
Que cousas teño ás veces!