9.7.09

Getting healthy

Hai que recoñecelo: a actividade física, máis alá de certas baixas paixóns que me atraen terrible e irrefreablemente dende hai un tempo, é unha beizón que a natureza nos deixa perto para que accedamos a nós mesmos.

Cantas novas e vellas sensacións recupero agora. 

Só me queda afianzar para sempre esta rutina, acomodar de novo o corpo coa mente e viceversa, e seguir adiante.

2 astrolabios:

Anónimo disse...

Certo é...

zeltia disse...

falas do deporte?
eu se fago deporte a onde chego é ó outro mundo! (se o habera)
:-(