10.5.09

Non embargantes...


Que se xa non escribo tanto, non importa, coido. Non espero a que te pases e o leas, porque hai outros camiños para dicirche o que pasa pola miña cabeza. 

Que prefiro escribirche libros completos de versos a encher esta caixa de texto frío e impersonal, e lerchos sen que esteas diante unha e outra vez, con flores de xasmín arrecendendo á tardiña entre o meu pelo recollido.

Son unha triste radiante Ofelia, non sei se namorada ou antolladiza.

Abre o meu peito mentres aínda palpuxa e colle o que queiras: está todo arrombado para tí.

Sona.- Venus in furs, de The Velvet Underground

4 astrolabios:

Chousa da Alcandra disse...

Case semella un sacrilexio comentar nesta entrada; pero eu -entre que son de Antas e que traio boas novas- arróutome soliño e digo:

Que te convido a participar no sorteo de 6 estadías de fin de semana en 6 Casas Rurais de Galiza. Ven ver no meu blog que sinxelo é participar. A iniciativa é de Julio Cougil, dende Cataluña facendo país. Como debe ser!

Eso sí, aproveito para deixar un beijo tamén.

alberte disse...

o amor non existe, existen só probas de amor...
xa non lembro que dicía iso, mais onte estiven vendo 'Io ballo da sola', e fiquei de volta coa frase.
non paga a pena, quen che obrigue a solicitar amor, unha proba de amor.

Raposo disse...

Collo ese peito e collo tódalas verbas, ben fermosas.

zeltia disse...

xa lera este texto hai algún tempo.
pero volveume a gustar moito. moito. así, como o vas encamiñando para o final, que é o que mais me gusta.