Quizais aínda non sexa o momento de que eu tamén aporte a miña visión sobre a xornada en Agolada.
Quizais deba deixar que o pouso dese día e destes días que estou a vivir, primeiros de xuño, se faga un pouco no lugar que ocupa xa no meu peito aberto de paxaros e volvoretas rebulideiras para contalo e contalos.
Quizais.
Agolada foi (é) a Aria das Variacións Goldberg de Bach, os versos de Benedetti recitados nunha noite de poesía a berros polas rúas de Compostela, o perfume do corpo dunha muller entre os lenzos, a luz do sol nos cabelos loiros, as apertas e os encontros reencontrados, a melodía doce do violino, da zanfona, da palabra besbellada.
Sempre.
Agolada é unha pomba que marcha e sabe volver á miña fiestra para amosarme que hai un día novo despois de cada día.
Que nunca sabe un/unha que sorpresas lle esconde a pedra entre a palabra ou viceversa, aínda ben para namorar (ou namorarse).
3.6.08
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)


8 astrolabios:
Nunca estiven nesa parte de Pontevedra, aínda que non debe de estar nada mal...
Agolada foi para min unha sorpresa en pedras e facianas así coma ti foches unha sorpresa en sorrisos e cores vivas.
Un saúdo.
Vexo que che gustou moito Agolada, e polo que parece volverías ehhh...
Un Saúdo Mariola.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Eu, como son un analfabeto, non sei que variacións propoñía Bach; pero sí sei que a música gústoume e gústame.
Un bico musical
Ai Marioliña, ¡como me emocionan estas verbas presentidas, sentidas e consentidas! Comproborás que aínda non fun quen de poñerme a escribir sobre esa xornada. Non é por perguiza nin por falta de tempo. É porque a miña mente aínda camiña por ceos de nubes densas, felices. Habito nun cosmos de fantasía e non meu dou apeado del. ¡Tanta foi a emoción e as sensacións vividas!
Eu necesito, coma ti, deixar pasar algo de tempo para enfocar con máis realismo as imaxes e os momentos da nosa Xuntanza.
Coa enorme satisfacción de tervos coñecido remítoche unha aperta.
Quedouche moi bonita a entrada, aínda que dígoche como Chousa da Alcandra, non podo entender a metáfora, non sei a que música te refires jeje. Por certo, non me diches a colleja, quedará para outra jejeje. Un bico.
Ai, Deus ! Se o contas as� cando non era a�nda o momento, vasnos facer morrer de morri�a cando chegue !
Moi fermosas as t�as verbas, anque se me escapen alg�ns matices, coma os versos de Benedetti polas r�as de Compostela...
Supo�o que haber� quen o entenda �non si? ;-)
Un biqui�o
Benedetti non tén un lugar concreto para ser recitado a berros ou besbellando...(alomenos para mín).
O certo é que quizais só eu entenda ese detalle, pero non me importa.
Quería compartir con vós a ledicia fonda e fresca da xuntanza, coisas pequenas que nos constrúen.
Beijo!!
Enviar um comentário